Mazo custom: Jack de picas
Convirte a mesa de comander nunha arena de combate mortal.
Indice
Introducion
Esta baralla intenta crear unha forma de xogo diferente, a meta non consiste en facer un combo o antes posible,
arrollar aos oponentes co
Seguro que estarás pensando.. uf que complicado, que lento parece.. só hai unha fase de combate por turno, vou precisar minimo 10 turnos, a menos que me ataquen..
Neste mazo incluín máis de 20 cartas custom que nos axudan a obter esta meta e outras moitas que manipulan o combate dos nosos rivais, se te interesa por onde vai esta idea, ponte cómodo, o coliseo vai abrir ás súas portas demos unha forte ovación ao Jack de Picas!
Decklist
Cartas custom explicadas
Comandante
O comandante é o Jack de picas, esta criatura cando entra por primeira vez no xogo crea un emblema chamado "Lista de Victimas", este emblema será a lista na que se irán apuntando os nomes das criaturas que sexan destruidas en combate por esta criatura. O comandante obtera +1/+1 por cada nome apuntado
O emblema especifica que non pode haber nomes repetidos, se apuntas o nome dunha criatura, ese nome xa non pode volver a ser escrito. Se en algun punto da partida chegas a ter 10 nomes distintos, gañas a partida.
Jokers
Das cartas custom creadas para esta baralla os jokers son un subtipo cartas que nos axudan a manipular o combate, creei 14 jokers distintos, pero non todos teñen unha función estratexica, hai varios que están feitos polo meme.
Os jokers que manipulan o combate son os seguintes:
Vou a explicar un por un e aclarar todas as posibles dubidas sobre as súas mecanicas, pero antes vou explicar en que consisten os contadores de recompensa, animación e olvido.
Contadores de recompesa
Os contadores de recompensa son contadores que se colocan exclusivamente sobre criaturas, cando unha criatura ten un contador de recompensa, esta pode ser atacada do mesmo xeito que podemos atacar a un planeswalker; esto non quere dicir que non podamos bloquear un ataque que vai cara ela, a propia criatura pode bloquear un ataque que vai dirixido a ela se o bloqueo é legal.
Se unha criatura con un contador de recompensa morre por dano de combate o controlador da criatura que lle fixo dano de combate letal pode cobrar a recompensa, esto significa que pode roubar unha carta ou crear unha ficha de tesouro.
Aínda que unha criatura con un contador de recompensa teña algunha habilidade de evasión, por exemplo voar, non quere dicir que non poda ser atacada excepto con criaturas con esa habilidade, calquer criatura pode atacala.
Contadores de animacion
Estos contadores, poden ser colocados en calquer permanente que non sexa criatura, ao colocarse, ese permanente convirtese en criatura e mantén os seus outro tipos e subtipos. A forza e resistencia da nova criatura será igual ao seu custo de maná, en caso de ter custo de maná cero (ou non ter custo de maná como no caso dunha terra) a súa forza e resistencia será 2/2.
Contadores de olvido
Este contador, cando é posicionado sobre unha criatura fai que perda todas as habilidades, tanto as habilidades disparadas como as habilidades activadas e as habilidades estaticas, deixando únicamente unha criatura vanilla con forza e resistencia e os modificadores que lle poudan outorgar outros contadores que posea."
Agora falemos dos jokers
-
Eta politico-militar : esta carta entra cun contador de recompensa en ela mesma, cada turno o oponente tera que seleccionar unha criatura aleatoriamente, esa criatura deberá atacar a Eta se pode, senón lle fai dano de combate podes poñer un contador de recompensa na criatura obxectivo.Esta habilidade permítenos bloquear co noso comandante se unha criatura pequena foi forzada a atacar, aumentando a nosa lista de víctimas. Se por contrapartida non recibimos ataque ou bloqueamos e impedimos que se lle faga dano a Eta, poderemos poñer un contador de recompensa na criatura obxectivo, o que nos dará a oportunidade no seguinte turno de aumentar a lista de víctimas e quitar unha ameaza do xogo.
A maiores posee unha habilidade que fai que volva ao xogo se unha criatura cun contador de recompensa que controlen os nosos oponentes morre. Esta recursión é unha dor de cabeza para os nosos oponentes e fai desta carta unha das mellores pezas sinérxicas na baralla.
-
Puta de corazones : Negociar os actos de traicion, esta carta fai referencia á clásica carta de 2002Amenazar , pero dándolle un toque interesante, permitir aos nosos oponentes tomar o control da carta ata o final do turno e usala para o seu beneficio.O interesante é que o custo para tomar o control da puta de corazones é dar un tesouro, calquer oponente pode adquirir un tesouro se matan unha criatura cun contador de recompensa, desta forma incentivamos aos nosos rivais a cazar recompensas.
-
El platano : A idea fundamental con este joker era facer cousas aleatorias pero poderosas, ocurriuseme un encantamento que teña varios niveles e en cada nivel o efecto sexa mais poderoso, pero que teña unha posibilidade de autodestruirse, facendo unha obvia referencia ao platano do balatro.Como di a carta, cada mantemento o xogador activo tira un dado de seis caras, se sae un 6, o platano sube de nivel, se sae un 1 se destrue, se sae calquer outro resultado, mantense no mesmo nivel.
O primeiro nivel é suave, o xogador activo pode darlle +1/+1 e vixilancia a unha criatura obxectivo
Cando chega a nivel 2 as cousas poñense interesantes, dispárase tanto a habildade de nivel dous como as habilidades dos niveles inferiores, neste caso o nivel 1. O xogador activo pode poñer un contador de recompensa nunha criatura obxectivo.
Se decide atacar poderá poñer unha ficha de tesouro, o cal incentiva o combate e ademais tes o pequeno bonus do nivel 1 para que podas atacar con mais confianza
A verdadeira locura chega cando volve a sair un 6 e o platano sube ao nivel 3. Agora unha criatura vai triplicar o seu dano de combate (referencia ao Joker "Cavendish" do Balatro) e ademais faise indestructible (Xa non tes excusa para non atacar, posto que a tua criatura non pode morrer).
-
El Guason : Benvido ao festival de puñaladas, este é o joker da locura, cando entra todos os xogadores poden poñer un contador de recompensa na criatura obxectivo, tes que ter ben traballada a diplomacia para que non te encasqueten a ti todos os contadores de recompensa. Se estas xogando con blinkeadores (Ephemerate ,Phelia, exuberant shepherd ,Eldrazi displacer ) este señor acaba inundando a mesa de contadores de recompensa o cal crea o caldo de cultivo perfecto para levarnos a partida cunKristallnacht .Por outra parte incentiva a atacar criaturas on contadores de recompensa, dándolle un pequeno bonus os atacantes.
-
Inquisicion española Nobody expects the spanish inquisition, tiña que ter destello, non podia ser doutra forma. Este joker diche que selecciones a un oponente para que cada un de vos seleccione un permanente, se coincidides, fai o efecto dunCazador de demonios , exilia un permanente ata que a inquisicion saia do xogo, se non coincidides podedes escoller se poñer un contador de animación ou de recompensa no permanente elexido.Moi útil para traballar a diplomacia na mesa, permiteche facer un trato cun oponente e librarte de algunha ameaza .
-
Escudo de Portugal : Agora todas as habilidades de evasión son irrelevantes. Esta carta fai que non existan os bloqueos ilegales, esto obviamente require explicación. Que é un bloqueo ilegal?Un bloqueo ilegal é cando asignas unha criatura como bloqueadora e non cumple os requisitos para poder bloquear, esto pode suceder por tres razons:
-
A criatura non pode bloquear (esta xirada, ten unha norma que lle impide bloquear), etc.
-
A criatura non pode bloquear porque a criatura atacante ten unha habilidade evasiva (por exemplo: voar, desvanecerse, imbloqueable, cruzar illas, ameaza, etc..)
-
A criatura non pode bloquear porque xa está asignada como bloqueadora (bloqueando a outra criatura), esto fai referencia á norma 509.1a do reglamento.
Polo tanto, agora todos os bloqueos ilegais poden ser realizados como se fosen legais, esto nos axuda, xa que
you've been caught stealing ,Berserker's Frenzy ouGrand Melee forzarán a todas as criaturas a bloquear ao noso comandante, estean xiradas ou non. Tamén nos axuda a protexernos de comandantes con evasión. -
-
Bastardo borracho : Resumidamente, cando entra el ou outro joker, pode poñer un contador de recompensa nunha criatura ou un contador de animacion nun permanente obxectivo. E se o xiramos podemos poñer un contador de toque mortal na criatura obxectivo, óptimo para facer que o noso comandante caze recomensas con demasiada resistencia. Se o combinamos conArchetype of courage conseguimos a combinacion das habilidades de toque mortal de dañar primero, o cal nos garantiza exito casi seguro en calque enfrentamento. -
Lobby israeli : Obviamente escarnio, esta carta fai referencia ao lobby israeli dos estados unidos, por unha parte cumpre o estereotipo da codicia xudea ao crearnos un tesouro cando un oponente crea un ou mais tesouros (o cal pode suceder se cazan unha recompensa).Por outra parte permitenos dar un tesouro a alguén para decidir se unha criatura obxectivo ataca e a quen ataca este turno, unha clara referencia á manipulación sobre a politica exterior estadounidense por parte deste lobby.
Jokers meme/útiles
Esta segunda categoria serían os jokers que serven unha utilidade, ben sexa para darlle un bonus ao noso comandante ou para darnos algunha ventaxa na partida, serían os seguintes:
Minimalismo : As veces miro a mesa en algunhas partidas de comander, e penso.. ¿Non seria mais facil todo se houbera menos cousas na mesa? Hai que pararse a leer un lote de cartiñas cada unha coas suas normiñas.. E hai que telas en conta para moitas xogadas, que dor de cabezaNon seria máis cómodo se so poderan estar 10 cartas como máximo en cada mesa? Esa foi a idea detrás do minimalismo. Para facer honra ao seu nome reducin a arte e o texto da carta o máximo posible. Pero basicamente fai un efecto cando entra, que é que por cada xogador se ten máis de 10 permanentes na mesa, exilia permanentes ata ter 10, e se ten máis de 5 cartas na man exilia cartas ata ter 5.
Despois crea un efecto de substitucion cada vez que entre un novo permente. Se entra un permanente e tes mais de 10 exilias permanentes ata ter 10. E o mesmo coas cartas da man. Se roubas e tes mais de 5 cartas na man exilias ata ter 5.
Pailaroco : Criatura que cuando entra genera un efecto aleatorio, todos sus efectos nos suelen beneficiar ya que puede añadir habilidades interesantes a nuestro comandante. es perfecto con blinqueadores comoephemerate oPhelia, exuberant shepherd .Zelenskyy : Non podia faltar o lendario presidente de Ucrania, Volodimir Zelenskyy. Se alguén nos ataca poderemos roubar todos os equipos e vehiculos do resto de oponentes poderemos anexalos gratuitamente a calquer criatura que controlemos e crearemos tokens de soldado 1/1 por cada permanente roubado :DÉ broma chicos non me apuntedes no myrotvorets
Prigozhin : con Zelenskyy non podia faltar o villano máis querido da historia, Prigozhin, esta criatura lendaria, creara as fichas de Biber e Dolik na mesa e ao xirarse podera poñer baixo o teu control a unha criatura que morrera por unha caza de recompensas, facendo alusión ao reclutamento de presos pola organización Wagner.Sindicalista : criatura moi boa a comezos da partida se un xogador controlas mais terras podes poñer un tesouro e se un oponente ten máis cartas na man, podes roubar unha carta, dispara a súa habilidade cando entra el ou outro joker no xogo. Super útil con blinqueadores.Tutor gracioso : o motivo da súa creación era facer algún joker tutor, esta criatura ten jokercycling, polo tanto poderemos buscarnos o joker que máis nos conveña a velocidade de instantáneo e sen poder ser contrarestado por contarfeitizos.Pero ademais ten unha habilidade moi interesante. Unha das miñas cartas favoritas é
Cabal therapy , esa carta vai de intentar adiviñar que pode ter o rival. É complicado pero se o consegues tes unha recompensa moi atractiva, aquí quixen facer o mesmo pero a posibilidade de acertar é aínda máis complexa, polo que reducin o custo de intentalo.Simplemente revelandoa podes tratar de adiviñar que carta se buscou un oponente, (non podes nomear terra basica porque existen moitos titores a terra básica). O único custo é perder dúas vidas se fallas pero podes volver a intentalo no futuro se se da a ocasión.
Se conseguiches acertar? Pois baixalo gratis, é unha criatura 1/1 que cando entra permiteche buscar unha carta se alguén buscou unha carta este turno. Titor gratis ;)
Hombres de negro : Bueno non sei.. molábame a idea, é a única carta que usa os contadores de olvido, parecenme un pouco opresivos porque convirten a un comandante en algo inutil que só serve para pegar, e a menos que teñas algo para sacrifical ou ou devolvelo á man estás condenado. Os homes de negro ademáis poñen contador de olvido cando outro joker entre ao xogo, así que fácilmente convirtense nun obxectivo para o removal dos nosos rivais.
Jokers finishers (rematadores de partida)
Esta última categoria esta reservada para os jokers que serven para rematar a partida, normalmente para gañar co
noso comandante deberemos ter apuntadas 10 entradas na lista, polo que cartas como:
Outras cartas custom
Por outra parte tamén diseñei outras cartas custom interesantes para usar neste mazo sen ter o subtipo "joker". elas son:
Murcia : unha terra que pode ser usada para forzar ataques cara ti.Sheriff Briston : A primeira carta que diseñei coa mecánica dos contadores de recompensa, bastante vanilla pero gárdolle cariño.Ministro de asuntos exteriores : unha carta sorpresa, para poder aproveitar os ataques que se lle fan aos teus oponentes e apuntar algun nome sen que o esperen.Sir Figarland Garling : Podía ser un joker, pero dabame preguiza debuxalo, ao principio íase chamar infanzón da escuderia, pero despois ocurriuseme a relación que ten a mecánica de monarca e a da recompensa con este persoeiro de One Piece e decidin poñerlle o seu nome. Dache o monarca e fai que cada turno o xogador, se é o monarca poda poñer un contador de recompensa.