Commander GW Enchantress (Encantadora)
Chapas pa todo o mundo, ¿A quen non lle vai gustar unha boa chapada na cara?.
Indice
Decklist
Estratexia
Estas farto do teu colega que xoga Iron Man e comba en turno 3? Ou de aquel que baixa un Tivit en ponse 5 tesouros e 5 pistas no turno 4, si ese mesmo que se toma turnos infinitos cun tamiz temporal, ou aquel que xera mana infinito con Kinnan e unha triste pedra de mana.
Non te preocupes, entendo a tua frustración, agora eles deben pagar. É o teu momento para devolverlles a impotencia acumulada que levas gardando dende tanto tempo, failles rabexar sabendo que as súas interaccións son inútiles ante as túas chapas. Que ti tes o control e a partida decidirase baixo as túas normas.
Benvido á combinación pacifista do Magic: Selesnia! Teóricamente personifica os valores da fraternidade, a harmonía e a serenidade. Pero no fondo reune as pezas de odio máis intensas do xogo ¡As chapas!
Estratexia
Empezarei dicindo que estamos ante un mazo lento e de valor, esto quere dicir que non imos ter saidas rapidas, nin imos poder gañar nos primeiros turnos do xogo. En vez de ter un motor explosivo ou combos rápidos, temos un motor de valor, esto quere dicir que según vaiamos poñendo máis pezas no campo vamos a crear maior valor acumulativo e se os oponentes non interactuan coa nosa mesa, acabaremos superandolles en vantaxe de cartas, maná e criaturas en campo.
A estratexia principal é, polo tanto, construir valor mentres negamos interaccións aos rivais. Temos dous tipos de cartas: aquelas que xeran valor, véxase cartas que nos fagan roubar máis cartas cando ocurre algunha acción ou cartas que nos permitan xogar máis terras:
e por outro lado as nosas queridas chapas, cartas que anulan interaccións críticas e impiden combos aos nosos adversarios, estas son un exemplo de chapas que levamos na baralla:
As chapas máis interesantes son aquelas que inhabilitan as interaccións cos artefactos ou as que impiden empregar o cemiterio como motor de recursión. Esto é así porque a gran maioria de mazos no espectro competitivo empregan artefactos nos seus combos ou usanos como rampeo mediante pedras de maná ou xeración de fichas de tesouro.
Para facernos unha idea rápida estaríamos incidindo en todas estás estratexías de alto valor competitivo:
Time Sieve +Tivit Grindstone +pintor Walking Ballista +Heliod, Sun-Crowned Aetherflux reservoir +Sydri Helm of obedience +Leyline of the void Helm of the host +Godo Mindslaver +Academy Ruins The chain veil +Teferi Phyrexian altar +Forsaken miner +blood artist Basalt Monolith +Kinnan Staff of domination +Selvala Lion's eye diamond +Brain freeze +Underworld Breach Bolas's Citadel +Trompo Panoptic Mirror +Time warp Isochron scepter +Orim's chant Mind over matter +The One Ring Ugin's Nexus +Esoteric Duplicator +KCI Pili-pala +Grand architect
Obvio que nesta lista non pode faltar:
Estos serian outros exemplos de estratexias baseadas na recursion co cemiterio que
estariamos chapando co
Entomb +Reanimate The Beamtown bullies +Leveler Necrotic Ooze +Skirge familiar +Asmodeus the archfiend Samwise Gamgee +Cauldron familiar +Viscera seer
Tamen estariamos chapando a comandantes enteiros que basean a sua estratexia na recursión:
Muldrotha, the gravetide Meren of clan Nel toth The gitrog monster Norman Osborn // green goblin The mimeoplasm Karador, Ghost Chieftain
Por outra parte contamos con pezas de disrupción personalizadas para
lidiar con estratexias especificas, como:
Ben, con esto conseguiremos comprar tempo para construir unha mesa considerable e enterrar aos nosos oponentes en valor. Para finalizar a partida temos dous camiños dispoñibles:
Primeiro camiño: Ter 4-5 criaturas na mesa e lanzar un
Finale of devastation Segundo camiño: Ter unha liña de combo de mana infinito, véxase
Sanctum weaver +Seedcradle Witch ouDevoted druid +Swift reconfiguration co fin de rematar ciclando encantamentos co noso comandante (Flickering ward /Whip Silk ) ata atoparHurricane para facer dano letal á mesa.
Analise
Esta baralla ten os seus puntos débiles, primeiro a falta de cor azul deixaranos atras pola falta de interacción a velocidade de instántaneo. En mesas deste nivel, os primeiros turnos son cruciais e os contrafeitizos son a mellos opción contra estratexias turbo de combo.
Tamén hai que recoñecer que este tipo de mazos tamén coñecidos polo nome de "stax", atraen moito odio e esto leva a ser obxectivo de máis feitizos de removal, e a convertirnos na piñata da mesa con respecto á fase de combate.
É o prezo a pagar por querer impoñer as nosas normas...
Outro punto débil son as nosas formas subóptimas de pechar unha partida, temos combos pero non finalizan directamente a partida,
dependen de criaturas e son facilmente disruptibles, un
Para combatir estas debilidades, levamos cartas que limiten a interacción dos nosos oponentes no noso turno, por exemplo en forma de
Conclusión
Se estás buscando un mazo competitivo que xenere moito valor e chape ás estratexias dos teus oponentes, este pode ser o teu mazo, ten coidado coa politca da mesa, pois vas a ser o máis odiado dos xogadores e eso che vai poder acarrear máis dun problema.