Commander Pauper Mayhem Devil

Sembra o caos e extorsiona aos teus rivais, que mais se pode pedir?

Introducion

Benvido ao salvaxe oeste, se che gusta lanzar miradas ameazantes e controlar aos demáis mediante o medo o Diaño do caos é o teu comandante. Preparate para revivir as escenas típicas das pelis western.

Este comandante só ten unha habilidade, pero está dispárase moi a menudo, cada vez que un xogador sacrifique un permanente, o diaño fai un punto de dano a calquera obxectivo.

Super xenérico, certo?

Está habilidade vaise disparar con fetchlands de pauper (estilo: evolving wilds, Terramorphic expanse, Riveteers overlook) e con moitas cousas mundanas, como unha simple ficha de tesouro ou pista.

Esto outorganos unha chea de disparos de 1 punto de dano, cos cales podemos matar criaturas pequenas ou facerllos directamente a un xogador. Por razóns obvias, esto xera unha enorme inseguridade nos nosos oponentes, e é moi probable que os seus feitizos de matar bichos vaian dirixidos ao noso comandante.

Por eso mesmo, ao comezo da partida presta moito ser cautos, non facer enfadar a un xogador que poda poseer varios removals, hai que negociar, facer pequenos pactos e ir xustificando os danos que facemos como se non fose gran cousa (se van dirixidos á cabeza dun xogador), ou como se fose necesario para estabilizar a mesa (cando van dirixidos a criaturas). Con diplomacia conseguiremos manter vivo ao noso comandante, ata que os oponentes unha vez debilitados sucumban cando desplegamos a ametralladora do caos!


Indice

Decklist

Estratexia

Extorsionar palito a palito, ese é o principal pilar da nosa estratexia.


En principio as nosas cartas estarían divididas en paquetes, temos catro:

  • Paquete 1: Carne de cañón / Creadores de carne de cañón

  • Paquete 2: Habilitadores de sacrificio

  • Paquete 3: Motor de roubo

  • Paquete 4: Finishers (ou rematadores de partida)

Carne de cañón

Este paque está constituido por criaturas ou artefactos fáciles de sacrificar, normalmente son criaturas que ao morrer disparan un efecto positivo, serían as seguintes:

Abyssal gatekeeper Akki blizzard-herder clockwork percussionist Greedy freebooter Grim initiate Infestation sage Mogg war marshal Nested shambler Shambling ghast Impulsive pilferer Nezumi Linkbreaker

Estás criaturas son fácilmente sacrificables e outorgannos bos efectos ao morrer, as mellores son: Abyssal gatekeeper e Akki blizzard-herder porque ao morrer fan un edicto (estó é, obrigan a todos os xogadores a sacrificar algo) o cal nos daría uns catro disparos extra se estamos xogando unha partida estándar con catro xogadores.


Agora ben, cales son os creadores de carne de cañón?

Estás cartas son aquelas que producen tokens que despois poden ser sacrificados cos nosos habilitadores de sacrificio, son moi importantes nesta baralla xa que ao contrario que a carne de cañón, estes non son de usar e tirar e son capaces de crear fichas cada turno, tendo así un forma de producir carnaza continuamente. Serian os seguintes:

Genasi enforcers Marching duodrone Shock brigade Nightblade brigade Rapacious one Tavern scoundrel Molten birth Heap gate Sticky fingers

Os meus favoritos son os Genasi enforcers porque poñen 2 tokens cando atacan (nunha partida de catro xogadores), curvan moi ben co comandante (entrarían en turno 2 e en turno tres poderías xogar ao comandante e atacar con eles) e teñen unha boa resistencia, para que non morran tan rapido. O Marching duodrone sería outro dos meus favoritos, cando ataca todo o mundo pon un tesouro, o cal significa: 1 disparo seguro e 3 disparos potenciais, aquí entraria a diplomacia. Poderías facer tratos con oponentes para que eles sacrificaran o seu tesouro e así facer dano letal a unha criatura.

Habilitadores de sacrificio

Para poder sacrificar permanenetes e simular unha ametralladora de dano, empregamos habilitadores de sacrificio ou sacrifice outlets na xerga inglesa do xogo. Estos habilitadores dannos un efecto ao sacrificar, normalmente non é gran cousa pero en algúns casos pode chegar a ser útil. Estos sería os principais habilitadores que levamos na baralla:

  • Makeshift munitions

  • Carrion feeder

  • Viscera seer

  • Goblin chirurgeon

  • Bushmeat Poacher

  • Krark-Clan Shaman

  • Tavern scoundrel

  • Witch's cauldron

  • Dark-dweller oracle

Para clasificalos mellor poderiamos separalaos en aqueles que poden usarse unha vez por turno:

Bushmeat Poacher Witch's cauldron Tavern scoundrel

Aqueles que podemos activar varias veces pero temos que pagar por cada activación:

Makeshift munitions Dark-dweller oracle

e por último aqueles que nos permiten sacrificar calquera cantidade de veces sen coste algún:

Carrion feeder Viscera seer Goblin chirurgeon

Esta última categoria é a máis golosa, pois nos deixarán activar a habilidade do comandante en resposta a calquera habilidade ou feitizo sen ter que paga un custo!

Os efectos non son nada do outro mundo pero poden ter un impacto na partida, Visera seer deixaranos mellorar o top da biblioteca para poder atopar algo que necesitemos, carrion feeder farase máis grande cantas máis criaturas sacrifique e por último Goblin chirurgeon podera protexer as nosas pezas máis importantes, como o noso comandante, por exemplo.. Hai que ter en conta que só pode sacrificar goblins, pero el é un goblin, asi que pode sacrificarse a si mesmo para disparar a súa propia habilidade, facendo un efecto similar ao da carta Benevolent bodyguard.


Motores de roubo

Os motores de roubo son moi importantes nesta baralla, pois ao ser un mazo de sacrificios é bastante común quedarse sen cartas na man. O comandante tampouco nos axuda neste aspecto, xa que non ten unha habilidade que nos proporcione vantaxe de man. Por estos motivos levanse a maior cantidade de cartas que nos proporcionen roubo en negro e en vermello.

Hainas de un só uso, e de varios usos. Empezando coas de un só uso, lévanse as seguintes:

Village rites Corrupted conviction Fanatical offering reckoner's bargain deadly dispute Eviscerator's insight

Todas estas cartas esixenos sacrificar unha criatura ou as veces un artefacto, facendo sinerxia co comandante. Hai unha delas que sería Reaping the graves que non está considerada como motor de roubo, pero cando a partida está avanzada pode recuperarnos moitas criaturas do cemiterio.

Os motores de roubo que permitén múltiples usos serían os seguintes:

bushmeat poacher witch's cauldron dark-dweller oracle Grim harvest

De todos estes hai un que destaca moito porque só nos custa 1 maná e sacrificar unha criatura. Podemos facelo as veces que queramos e é o dark-dweller oracle, personalmente, paréceme a mellor carta do mazo e ademáis temos dúas formas de buscalo: mediante goblin matron e mediante shred memory. Coa mesa adecuada, pode darnos facilmente a partida se nos dura 3-4 turnos en mesa.

O outro cartonazo é grim harvest, esta carta recuperanos criaturas do cemiterio, pero ten unha habilidade parecida ao buyback que nos permite recuperala do cemiterio se pagamos o custo de Recuperar que son 2 manás xenéricos e un maná negro. Cando a partida está avanzada recuperanos as mellores cartas e sempre a temos de volta na man, unha cartaza que nos da partidas ela sóa.

Finishers (ou rematadores de partida)

Para rematar a partida empregamos criaturas que medran cos sacrificios que facemos ao longo da partida, por exemplo gixian infiltrator ou mortician beetle.

Grazas a combinacion de cores rakdos (vermello-negro) podemos facer uso dos equipos mais rotos do pauper: cranial plating e cranial ram, que son titoreables por shred memory. O mellor é cranial ram porque grazas á súa habilidade de anexar, permítenos equipar a velocidade de instantáneo a unha criatura que non fora bloqueada.


Analise

Este mazo ten un defecto crítico, o cal reside na pouca habilidade para roubar, moitas veces chegaremos ao late game e teremos moi poucas cartas na man, ou estaremos hellbent (Temerario, sen cartas na man).

Por contrapartida, a sua gran fortaleza reside na habilidade para recurrir cousas do cemiterio, esto deixanos poder mandar ao comandante ao cemiterio e que non teñamos que pagar unha animalada para volver a telo no campo

Sempre convén ter unha boa política na mesa, intentar non gañar inimigos con este mazo é máis complexo do que parece, e recuperar as relacións con algún outro xogador despois de facerlle obxectivo a varias das súas criaturas tende a ser tarea dificil.


Conclusion

Se che gustan os mazos que crean tensión na mesa e que teña gasolina para ameazar aos teus rivais esta baralla vaiche encantar, ten as súas deficiencias, pero creo que no futuro van sair máis cartas que fagan roubar mediante sacrificios, así que pode ser optimizado de aqui a uns anos. Admáis é un mazo divertido e cheo de interacción.

Como sempre deixarei as ligazóns para descargar a lista e o pdf

Un saúdo xente do magic!

lista de Mayhem Devil en texto
PDF da lista para proxear