Commander Pauper Mistmeadow witch

Convirtete no arbitro da mesa


Indice

Introducion

Se és un xogador experimentado, vouche facer unha pregunta. Crees que un mazo de control en pauper, podería derrotar a xogadores xogando commander normal con mazos de bracket III/IV?

Seguro que che fago dubidar, porque hai moitos defectos nun mazo pauper de control: ausencia dun bon rematador de partida, falta de motor de roubo, non existen os limpamesas do estilo wrath of god... Pero aínda así, é posible. Esó si, vai ser unha partida agónica para os nosos rivais. Benvido a Bruxa da nevoplanicie, un mazo que pode matar do sono a calquera!


A fortaleza deste mazo reside na comandante, esta ten unha habilidade esencial que combina con moitas pezas na nosa baralla, por ¡4 manas! Si oíche ben, unha animalada de maná, blinquea un bicho, calquer bicho.

Bueno para que? Pois para obter tres cousas. 1º - reciclar o efecto etb dunha criatura. Esto é o efecto que teñen algunha criaturas ao entrar ao xogo. 2º - Salvar algo dun removal ou petabicho 3º - librarnos dun atacante que nos poda facer moito dano.

E con que gañamos? Tes razón o que che estou contando só serve para xerar algo de valor e mercar tempo. Pero meu amigo, cando teñamos 7-8 terras en campo, imos poder iniciar un combo que será devastador e do cal non sei vai poder recuperar ningún rival, quedate para descubrir os misterios que se agochan no mellor mazo de control que ten o pauper commander!

Decklist

Estratexia

Bueno, imos dividir as nosas cartas en varios paquetes como fago usualmente

  • Paquete de rampeo

  • Paquete de protección

  • Motor de roubo e valor

  • Combo e rematadores de partida

Paquete de rampeo

Para rampear levamos principalmente artefactos, pero tamén hai algunha que outra criatura que nos rampea

wayfarer's bauble Ur-golem's eye arcane signet azorius signet marble diamond sky diamond sisay's ring

Ademáis temos estas dúas criaturas que son especialmente positivas xa que coa habilidade da comandante podemos reusar o seu efecto:

Kor cartographer Scouting hawk

Paquete de proteccion

Para protexernos dos rivais, empregamos contrafeitizos, nesta lista levamos os seguintes:

counterspell exclude arcane denial dispel Memory lapse

Para remover ameazas que xa están no campo, temos uns cuantos removals e tamén criaturas cuxa habilidade de entrada permite desfacernos temporalmente de algo:

Journey to nowhere Oblivion ring Settle beyond reality Stonehorn dignitary Man-o'-war capsize Thraben charm

Con Stonehorn dignitary poderemos crear un efecto néboa recurrente se somos capaces de blinquealo coa nosa comandante. Capsize é unha das mellores cartas no late game ou nos turnos altos (estilo turno 10 da partida), con esta carta poderemos devolver permanentes dos oponentes de forma recurrente.

Motor de roubo / Paquete de valor

Un dos paquetes máis importantes, pois temos unhas cuantas criaturas que poseen uns efectos moi positivos ao entrar na mesa, en concreto as seguintes:

Salvager of secrets Scrivener Mnemonic wall Archaeomancer

Estas catro cartas permítennos recuperar un instantáneo ou conxuro do cemiterio á man (salvo o escribano que só nos recupera istantáneos). Esto resulta moi positivo porque permite poder reusar contrafeitizos e cantrips, mellorando a nosa situación na mesa e outorgandonos vantaxe de cartas. Pero a maiores, permitenos crear bucles con feitizos que blinquean, esto é moi importante porque senta as bases para o combo que xogamos neste mazo, o cal é a nosa principal win condition (ou condición de victoria).

Outras cartas de valor importantes serían:

Aarakocra sneak Augur of Bolas Mulldrifter Sea gate oracle Inspiring overseer

Combo

Esta é a principal forma de rematar a partida, por desgracia non é facil de alcanzar, necesitaremos bastante pezas distintas e dispoñemos de poucos titores para buscalas. Normalmente teremos acceso ao combo a partir do turno 8 do xogo

Esta sería a principal combinación: Ghostly flicker + archaeomancer + peregrine drake + Aarakocra sneak

Esta combinación de catro cartas remataria a partida instantaneamente. Primeiro obteriamos maná infinito coa combinación: Ghostly flicker + archaeomancer + peregrine drake. Binqueamos ao peregrine drake e á archaeomancer co ghostly flicker, cando as dúas criaturas entran de novo no xogo saltan os seus efectos de entrada, primeiro resolvemos, o efecto do peregrine drake, enderezando 5 terras e despois o da archaeomancer, a cal nos devolve o ghostly flicker á man , desta forma poderemos repetir o ciclo. En cada ciclo xeramos dous manás extra de calque cor, e desta forma xeramos a cantidade de maná que queramos.

Unha vez xerada unha cantidade inxente de maná das cores branca e azul, repetimos o ciclo pero está vez substituimos o peregrine drake pola Aarakocra sneak. Que pasa agora? pois que podemos entrar na Undercity as veces que querramos, dentro desta mazmorra, existe unha habitación chamada Trap! que fai que o xogador obxectivo perda 5 vidas, así que faremos a mazmorra pasando por esa habitación ata que todos os nosos oponentes esten K.O

Posibles liñas alternativas! En vez de usar ghostly flicker podemos empregar Displace. En vez de usar Archeomancer podemos empregar calquera das criaturas que nos recuperan instantáneos ou conxuros do cemiterio ( Scrivener, Mnemonic wall, Salvager of secrets)

En vez de Aarakocra sneak podemos empregar Trailblazer's torch (pero coa antorcha non nos servira o displace, xa que non blinquea artefactos)

Se non podemos usar o peregrine drake, existe a opción de empregar a combinación de cloud of faeries + high tide para xerar maná infinito. Tamén é posible a opción: high tide (casteado 3 veces) + snap + archaeomancer, aínda que esta ruta volvese máis complexa de sacar


Como finisher alternativo temos capsize que con maná infinito convirtese nun Upheaval eterno só para os nosos adversarios. Non é unha victoria directa pero outorganos a victoria por dano de combate nuns poucos turnos.

Agora ben. Que titores levamos para sacar este combo?

Para empezar, todos os nosos titores son moi condicionais. Por exemplo temos merchant scroll que poderia darnos ghostly flicker ou High tide

vedalken aethermage atópanos archaeomancer e Muddle the mixture atópanos snap e cloud of faeries. drift of phantasms atópanos ghostly flicker.

As veces necesitamos usar un titor que nos de outro titor para atopar algo. Por exemplo, queremos high tide, podemos transmutar muddle the mixture en merchant scroll e usar o scroll para buscar o high tide.


Por desgracia, o dragon peregrino é a única carta que non temos forma de atópar mediante titores, así que ou temos sorte e a roubamos, ou toca usar as rutas alternativas de snap + archaeomancer + high tide , ou cloud of faeries + (ghostly flicker/ displace) + high tide


Analise

Competitivamente falando, é unha baralla forte pero algo lenta, tes bastante interacción, non dependes excesivamente do comandante, e tes un motor de roubo sólido, non como moitos outros mazos deste formato, que sufren por quedarse sen fuelle no mid-late game. Como puntos negativos, está que o noso comandante só ten resistencia 1, o cal é posible que morra frecuentemente durante unha partida. Temos moita recursión pero eso fai que sexamos vulnerables aos exiliadores de cemiterio, se nos levan as pezas de combo, imos ter que remar a partida mediante o combate...

É un mazo dependente de grandes cantidades de maná. Así que o rampeo é fundamental, nos primeiros turnos imos ser moi vulnerables. Ante mazos explosivos podemos perder de forma prematura se non temos interacción


Conclusion

É un mazo de control con un finisher bastante sólido que nos da a partida directamente mediante combo. a estratexía de blinqueo permítenos recurrir efectos e recicliar feitizos do cemiterio, se estás buscando iniciarte en comander pauper con un mazo controlero da vella escola, non te vai decepcionar. Dispón de moitas triquiñuelas e recompensa un bon piloto tanto na hora de optimizar xogadas, como á hora de establecer relacións diplomáticas na mesa para evitar ser convertidos na diana dos mazos agresivos. Super recomendado!

e iso é todo! Animovos a probalo se vos parece interesante, e como sempre, deixarei uha ligazón para descargar a lista e o pdf. Un saúdo xente do magic!

lista de Mistmeadow Witch en texto
PDF da lista para proxear