Postmortem Cartesque

Entrega da global game jam de 2026.

O pasado 26 de xaneiro foi a global game jam, eu estaba bastante ilusionado e tiña bastantes expectativas, porque onde eu vivo, aparecera un local hai pouco que estaba disposto a organizala. Falara había días cunha amiga que tamén é gamedev, pero ao pouco comentoume que iba a ir a facela a Pontevedra cun amigo seu.

Bueno, aínda tiña un colega que estuda no master de diseño de videoxogos e seguro que lle apetecia. Pois non! >:(

Ao principio aceptou e parecía motivado coa idea de facer a jam, pero vai o tio e cancelame unha semana antes...

Bueno, non pasa nada irei só. O peor é que o sitio onde se ía facer, decidiu non facela por motivos woke

Como obviamente non me queria mover a Pontevedra e pagar aloxamento pois estiven indagando e atopei unha sede virtual en España, a Navarra digital creators nesta sede os requerimentos eran mínimos (non como na corujam que tes que reencher un formulario e adxuntar as tuas redes sociais para que a gestapo woke considere se és apto).

Bueno, despois de todo este berrinche, toca falar do xogo en cuestión!

O evento foi levado por discord, o luns 26 de Xaneiro ás 18:30 fixeron unha videoconferencia polo discord, na cal revelaron o tema da jam. Este ano foi "Máscaras". Un tema bastante curioso que da pe a miles de ideas

Como non iba en equipo tiña unha clara vantaxe, non ter que poñerme dacordo cas merdas de ideas dos demais e os caprichos varios de outros, vamos que podia ir 100% á miña bola. En principio tiña pensado empregar Godot, pero finalmente decanteime por facer algo directamente en javascript. O meu obxectivo era poder colgalo na páxina web, e que poidera ser xogador dende o navegador en dispositivos móbiles, xa que é moi comodo para todos, abrir directamente unha ligazón en whatsapp e estar directamente no xogo.


Faciame moita ilusión facer un xogo estilo RTS (Real Time Strategy), como os clasicos Age of Empires pero moito máis simplificados. A outra idea que pululaba pola miña testa era a de facer algo relacionado con cartas, estilo xogo clásico empregando a baralla de naipes española.

Ao final decanteime por esta opción porque non era capaz de visualizar a temática nun formato de xogo RTS. Sen embargo ocorreuseme algo para as cartas que pegaba moi en co tema.

Empregar máscaras como cartas ocultas

O concepto inicial era que as cartas da baralla española estivesen debaixo de máscaras e que cada unha tivese unha restricción relacionada coa carta ocolta, de forma que para vencela tiveras que xogar unha carta que cumplise a restricción e fixera ao xogador deducir que carta se ocolta debaixo.

Un exemplo era a carta "maior que", por exemplo, esta carta requeria unha carta de número maior á carta de abaixo. Se fallabas cun 5, podías deducir que a carta de abaixo sería un 6 ou superior.


Unha das inspiracións foi o xogo do autobús, este é un xogo popular nas festas, xa que soe ir acompañado de reglas que fanche beber chupitos, O funcionamento é moi simple o crupier reparte 5 cartas da baralla en fila: duas boca arriba, unha boca abaixo e outras dúas boca arriba. Despois, faille ao xogador unha serie de preguntas, se acerta move un marcador, que inicialmente esta na posición ubicada máis á dereita, unha posición á esquerda

A 1º pregunta é: A carta que vou sacar é maior ou menor á primeira carta? (A carta ubicada na dereita)

Cando o xogador faga a súa predicción, o crupier desvela unha carta aleatoria da baralla. Se o xogador fallou a predicción ten que tomar un chupito, pero se acerta, movese á situada á esquerda desta. Nesta o crupier volve a facer unha pregunta

A 2º pregunta é: ¿A carta que vou sacar está dentro ou fora do intervalo que conforman a primeira e a segunda carta?.

Se o xogador acerta move de novo unha casilla á esquerda pero esta vez á súa esquerda está a carta central (chamado tamén, "a peaxe") polo que obligatoriamente debe beber e volver a mover á esquerda. Pola contra se falla retrocede unha casilla e debe beber outro chupito.

A 3º pregunta é: ¿A carta que vou sacar é vermella ou negra? Se acerta moveriase á última casilla, se falla retrocederia ata a casilla intermedia na que ten que volver a beber, bebería dúas veces, unha por fallar e outra por caer na casilla central, finalmente volvería de novo á segunda casilla.

A 4º pregunta é ¿De que pao é a carta que vou sacar? Está sería a pregunta máis complexa posto que só ten un 25% de posiblidades de acertar. Se acerta está pregunta gañaria o xogo.


Cartesque funciona de forma semellante, terias unha serie de máscara sobre o taboleiro, cada unha tapando unha carta aleatoria da baaralla, e deberias darlle a carta necesaria para vencela, cada máscara actuando de forma distinta.

No primeiro prototipo, realicei catro máscaras distintas a máscara feliz, que pide unha carta superior, a máscara triste que funciona de forma oposta. A máscara do conspirador, que pide unha carta do pao, e por último, a máscara da ira que pide unha carta do mesmo número.

A primeira versión do xogo tiña ademáis un botón que permitia roubar unha carta ao xogador a cambio de que unha máscara aleatoria avanzara unha posición no taboleiro.


Para engadir máis contido ao xogo, incuíronse tres novos niveles, cada un con máscaras únicas, facendo un total de 24 máscaras. E unha mecánica adicional, o flush, esta permite ao xogador, barallar a súa man e descarte no mazo de cartas e roubar a mesma cantidade de cartas que tiña.

Esta mecánica resultaba esencial en niveles con dez ou máis máscaras, xa que podiamos quedarnos sen cartas na baralla que satisfaceran as condicións para vencer as novas máscaras que ían aparecendo no taboleiro.


Por outra parte engadíronse efectos visuais e recursos gráficos para facer máis vistoso o gameplay

Por outra parte, realizouse un pequeno titorial ao comezo do xogo para introducir ao xogador ás mecánicas e funcionamento do xogo.

A jam comezou o luns as 18:00 e acababa o domingo ás 17:00. O meu plan inicial era re-enganchala coa Corujam o fin de semana, pero o venres aínda me quedaba moito por diante e tiven que abandoar a Corujam. O certo é que a escolla de Javascript para realizar o xogo supuxo unha dor de cabeza e un atraso en comparación con Godot, especialmente polo meu escaso dominio con esta linguaxe, especialmente á hora de desenvolver xogos. Aínda con este traba, aprendín moitas cousas e a experiancia foi bastante enriquecedora. Teño a impresión de que se volvese a facer unha jam con esta linguaxe levaríame moito menos tempo.


Tamén teño que recoñecer que o uso de modelos de linguaxe como ChatGPT ou Gemini son ferramentas moi poderosas, especialmente no prototipado e debuggeo. Aforran unha cantidade de tempo que é crucial para eventos cunha xanela temporal tan limitada. Técnicamente están prohibidos na Corujam, pero resulta moi complicado non usalos sabendo a de quebradeiros de cabeza que resolven.

Bueno e que sacamos de todo esto


Unha das conclusións que saquei desta jam, é que facela só é moi divertido e útil, recórdame ao refrán "Mellor só que mal acompañado". Puiden facelo ao meu gusto, sen estar recibindo ordes ou amoldandome aos designios de outros cos que non me sinto agusto e só me crean insatisfacción.

Un dos meus maiores problemas é a comunicación de intencións á hora de compartir unha idea ou un bosquexo mental. Ás veces ocorreseme algo que penso que é interesante pero ao proxectalo verbalmente cara os demáis parece que perde potencia ou non o transmito de forma adecuada e a xente soe desbotar as miñas ideas, por iso e outros motivos, sempre acabo aceptando as ideas dos demáis e evitando participar na catárse creativa, sei que se me rexeitan varias cousas, vaime sentar mal e prefiro non xerar conflicto


O xogo pode ser xogado na seguinte ligazón:

Cartesque