Commander Custom Bobobo

Por el poder del cabello nasal!

Introducion

Wild Challenger
Jindou
0:00 0:00

Bobobo é un mage e anime xapones característico polo seu humor absurdo. O protagonista, Bobobo é un heroe musculoso cun gran afro rubio que combate facendo uso dunha técnica especial que lle permite manipular os pelos do seu nariz, ou como se lle chama na serie, a técnica do cabello nasal.

O seu obxectivo é liberar o mundo, o cal foi subxugado polo malvado emperador Bola de billar IV, quen ordenou deixar calvos a todos os habitantes do planeta, asi pois, creou un corpo de soldados, chamados os cazadores de pelo que percorren as cidades e as vilas deixando calva á xente.

Bobobo, convirtése así no loitador que defende a liberdade capilar na terra, a súa mision é derrocar ao emperador e aos seus lugartenientes, que son os xefes das divisións de cazadores de pelo e aos catro principais do imperio: Cañonero, Purupu, Over e Halekulani

Para vencer a estos enemigos, conta coa axuda dos seus aliados, principalmente Don Patch e Tokoro Tennosuke

Don Patch, a man dereita, e o seu compañeiro máis leal

Tokoro Tennosuke, unha gelatina que era o xefe da división A de cazadores de pelo. Tras ser derrotado por Bobobo, acepta unirse á sua causa e convirtese na sua man esquerda

Bueno pero de que ostia vai este mazo?

Este é un mazo voltron, un arquetipo especializado en potenciar ao comandante e gañar mediante dano de combate.

A estratexia é polo tanto, atacar con Bobobo, transformalo para facelo máis poderoso e facer dano letal, xa que en este formato 21 danos de comandante son suficientes para vencer a un oponente.

A personalizacion neste mazo inclue duas cousas novas ao xogo

  • Bobotransformacións

  • Técnicas de cabello nasal

Bobotransformacións

Primeiro de nada indicar que o comandante é así:

Bobin

Sendo un 0/2 non nos vai levar a ningunha parte, asi que para aumentar a súa forza, inventaronse as Bobotransformacións. Estás cartas son criaturas de tipo Bobotransformación que teñen unha habilidade especial "Gardar". Esta habilidade esixenos exiliar unha criatura de tipo Bobobo ou Bobotransformación á entrada, senón, é sacrificada. Cando esta carta sae do xogo, devolverá a carta exiliada con ela de volta ao xogo.

Con esto acadanse dous obxectivos importantes: protexer ao comandante e facelo máis forte. Hai que destacar que se xogamos unha Bobotransformación exiliando o noso comandante, esa Bobotransformación pasara a convertirse no noso comandante, grazas á habilidade de Bobin, que estipula que se él esta sendo gardado por unha Bobotransformación, esa Bobotransformación pasa a ser o comandante.


Apilando Bobotransformacións

A diferenza fundamental entre Gardar, e a habilidade de Amparar unha criatura reside en que a habilidade de Amparar non é apilable, esto quere dicir que se nos amparamos unha criatura con outra e despois queremos amparar de novo a criatura que amparou antes, esto fará que saia do xogo e polo tanto, que entre de novo a criatura que amparou previamente.

Nesta imaxe amósase o desenvolvemento no xogo ao amparar unha criatura e despois amparar a aquela que esta amparando, o resultado é que queda a criatura amparada en primeiro lugar no campo de batalla xunto coa criatura lanzada en último lugar.

Para remediar ese caso, a habilidade de gardar estipula o seguinte:

 
Gardar: cando este feitizo de criatura sexa lanzado, exilia unha criatura de tipo 
Bobobo ou Bobotransformación ata que esta criatura saia do xogo por un efecto 
que non sexa de gardar, se non podes sacrificaa.
        			

De esta forma, se nos gardamos unha bobotransformacion, podemos seguir gardando sen que salte o efecto de saida e volten ao campo. O obxectivo do noso mazo polo tanto é: construir unha pila de Bobotransformacións enriba do noso comandante :)


Por outra parte temos As técnicas do cabelo nasal

Estes son feitizos, instantáneos e conxuros que teñen ese subtipo porque poden ter interaccións entre eles, véxase tormenta de técnicas de cabelo nasal, entre outras..

El arte de la familia Chindasvinto

Decklist

Estratexia

Este é un mazo de estratexia voltron como xa foi comentador previamente, en vez de auras ou equipamentos, empreganse bobotransformacións, que protexen ao comandante e melloran a súa forza e resistencia. Algunhas das bobotransformacións claves serían:

Bobo-chino de los fideos Bobo-madre tierra Bobo-interceptor Rinovelludo

Estas bobotransformacións danlle un incremento sustancial á forza, e serven para dar o golpe de gracia aos nosos adversarios.

Por outra parte temos as fusións, estás funcionan cun custo adicional, que é sacrificar a unha criatura de tipo Don Patch, Tennosuke ou Dengakuman

Bobopatch Patchibobo Bobopatchnosuke mamacharlie Denbochan

Estás son as mellores Bobotransformacións, pero tamén son as máis complicadas de castear. Requirennos ter criaturas dun tipo específico e en moitas ocasións serán cartas mortas na man. Pero se chegan a tocar o campo, o seu efecto e devastador.

As tres locuras

Bobobbo é unha seríe un pouco absurda, e a cada pouco están rompendo o guión para introducir escenas aleatorias, que teñen pouco que ver coa trama, tamén lles gusta romper a cuarta parede e facer desconcertar aos seus enemigos nas batallas metendoos en subhistorias.

Por este motivo, creáronse tres cartas con efectos absurdos no xogo, cada unha altera o xogo definitivamente, facendo que a partida poda acabar abruptamente e decantarse incluso polo xogador máis desfavorecido.

A primeira tolemia: El juicio del universo!

Esto é o que dice google se o buscas


"El Juicio del Universo" se refiere principalmente al Juicio Final
o Universal en la teología cristiana, un evento escatológico donde Dios juzgará
a la humanidad, pero también puede aludir al destino final físico del cosmos
					

Pero que realmente é o juicio do universo?


Parece que todavia no has entendido lo que es el poder del universo.. 
Pues te lo enseñaré: es esa fuerza que hace girar los nueve planetas,
que controla la luz de los soles de todos los sistemas,
las estrellas de las lejanas galaxias en los confines del espacio
y a las personas que habitan cada uno de los planetas, sii el poder del universo
					

Cita de Bobobo cap. 35

Pos ben, o xuizo do universo é un encantamento cun efecto de entrada. Cada xogador nomea unha carta de magic. Esa carta non pode ser xogada mentres o encantamento este en xogo. Despois durante o mantemento de cada xogador, ese xogador debe escoller un planeta ao azar entre os nove planetas que conforman o sistema solar. Cada planeta é un encantamento mundo. Esto quere dicir que cando un novo encantamento mundo entra, destrúe os demáis encantamentos mundo que haxa no xogo.

Estos son os encantamentos mundo que existen:

Juicio de Mercurio el planeta de agua Juicio de Venus el planeta del metal Juicio de Marte el planeta del fuego Juicio de la tierra Juicio de Jupiter el planeta de madera Juicio de Saturno Juicio de Urano Juicio de Neptuno Juicio de Pluton el planeta de la oscuridad

A segunda tolemia: Padreee, fijate en mi!!


Padreee, fijate en mi!!

Trátase dun finisher que nos permite tomar unha fase de combate no turno dun rival. Pero se non conseguimos matalo perdemos o xogo. So poderemos enderezar unha criatura, seguramente o noso comandante sexa o mellor candidato.

Tamén se pode usar como contrafeitizo para parar algunha ameaza a costa de poder perder a partida nese mesmo momento.

A terceira tolemia: Ábrese o telón!!



Este é gag recurrente na serie, en medio dun capitulo, aparece de súpeto un telón abríndose e contan unha historia pequena, normalmente absurda. Aparece sobre seis veces ao longo da serie, polo que habia que metela nunha baralla temática en forma de carta.

Se abre el telon

Principalmente fai un Time stop por seis manás, pero ademáis introduce unha modificación fundamental á partida que é aleatoria, esta modificación é o que se lle chamou "historia". Basicamente alteran a partida como o faria unha carta de unhinged, saíndose das regras do xogo, a historia é escollida aleatoriamente ao castear o feitizo, facendo cada partida única.

As historias son as seguintes:

Mi padre era un pelo Risuo y Risumi Al Dente, enemigo publico N2 Zarbios dios de la destruccion Las tres damas Bobobo el escritor de antaño

Imos a introducir unha por unha as historias

Las tres damas

Las tres damas

Esta carta fai que todos rotemos na mesa de commander, colleremos a man e a mesa do xogador situado á nosa esquerda ou se estamos xogando cun sentido oposto, o do xogador situado á nosa dereita. Toda a partida seguira igual, salvo que agora cada xogador tera a man, biblioteca, cemiterio e mesa do seu rival. Algo moi loco pero bastante divertido :D

Bobobo el escritor de antaño

Bobobo el escritor de antaño

Esta historia é moi random, basicamente é unha proba de adiviñar cal é a carta con máis texto, e quen gañe pode facer unha errata na carta da súa elección. Como o noso grupo sempre xoga con proxies, non soe ser un problema, xa imprimiremos outra carta igual :P. A cuestión é: podes modificar unha palabra, é dicir podes cambiar algo por otra, pero ten que conservar o sentido. por exemplo, se algo tivera protección contra verde, poderias cambiar "verde" por "criaturas", e agora tería protección contra criaturas (que está bastante máis chetado)

Se de outra forma houbera algo que puxera "haz 3 puntos de daño a la criatura objetivo, e quixeras cambiar "la" por "todas", non poderias porque non conservaria o sentido (quedaría "haz 3 puntos de daño a todas criatura objetivo"). Tamén é unha opción suprimir unha palabra. (Xa que sería como intercambiala por nada).

Zarbios, dios de la destrucción

Zarbios dios de la destruccion

Esta historia vai sobre Zarbios, deus da destrucción. Zarbios é unha deidade invocada nas antigas ruinas romanas de Trinidad e Tobago, é un heroe solitario que loita contra o mal dia e noite, velando pola paz e o futuro da humanidade. Tal como dixo Don Patch no episodio 17. Zarbios fai unha pequena aparicion onde vai tomar uns fideos, pero mistura duas salsas e eso fai que a dueña o corra do local, despois Zarbios avergoñado deambula polas rúas da cidade..

O efecto desta carta é a ostia, porque, en primeiro lugar creas un novo xogador (preferiblemente colles a alguén libre que se quera apuntar á partida, ou traelo da orella), daslle a criatura "Zarbios" e o emblema "Omnipotencia" e xa. Non necesita man nin biblioteca nin cemiterio.

Zarbios la deidad de la destruccion Omnipotencia

Como acabas de crear a un novo xogador, este comeza coa cantidade de vidas inciais ddo formato de xogo, en caso de commander, 40 vidas.

É moi importante incluir cartas baneadas na carta de Omnipotencia, xa que senón sería demasiada poderosa, como cada turno podes nomear unha carta , é moi recomendable banear todas as cartas que garantizen turnos extra e aquelas que che dean unha victoria inmediata, como por exemplo Thassa's oracle

Al Dente, Enemigo Publico N2

Al Dente, Enemigo Publico N2

Al Dente é un carta chorra en todos os sentidos, rompe a cuarta parede dicindoche que poñas uns fideos instantáneos na mes :P, senón a xente terá que facer flexións, se Pingu esta na partida non tera fallo, pero os xogadores habituais de commander non che van facer nin 3 jeje

Polo menos invitaranche a fideos no futuro

Risuo y Risumi

Risuo y Risumi

Risuo e Risumi son dous esquios que están namorados na serie, estos viven no afro de Bobobo, pero un fatídico día, Risumi decide separarse de Risuo. Está separación provocará que Risuo caia nunha profunda depresión que lle levará moito tempo superar.

A carta fai que todos os xogadores tiren un dado d6, se hai un resultado que se repite, por exemplo xogador A e xogadro C sacan os dous un 3, e ninguén máis saca un 3, esos dous xogadores fusionaranse nun só, xuntan as súas vidas, seu cemiterio e a súa mesa e na fase de roubo poden decidir de que biblioteca roubar.

Mi padre era un pelo

Mi padre era un pelo

Finalmente, mi padre era un pelo. Esta historia fai que cada xogador escolla a outro, que unha vez derrotado tera que deixar os seus permanentes ao herdeiro ou herdeiros que o escolleron, se o xogador ten que marchar, podense crear tokens deses permanenetes como alternativa. Un efecto curioso que pode desenbocar el disputas familiares xFinalmente, mi padre era un pelo. Esta historia fai que cada xogador escolla a outro, que unha vez derrotado tera que deixar os seus permanentes ao herdeiro ou herdeiros que o escolleron, se o xogador ten que marchar, podense crear tokens deses permanenetes como alternativa. Un efecto curioso que pode desenbocar el disputas familiares xD

Conclusion

En conclusión, a baralla é moi interesante para partidas locas nas que busques caos e paxaradas varias, pa botarse unhas risas principalmente. Deixarei abaixo a lista e o pdf para proxear, preparate para recortar porque ten unha tira de tokens :P