Mazo custom: King Dedede
Diseñado por Alejandro.
Indice
Introducion
O obxectivo de este mazo consiste en controlar a mesa dos nosos rivais, e inflinxir dano letal empregando a habilidade do comandante: King Dedede. O lexendario inimigo da saga de videoxogos Kirby!
A habilidade deste comandante é moi especial, por un só maná vermello pode darlle o control a un oponente dunha criatura DreamLand que posea, ao facer esto, inflinxe X dano a este oponente, onde X é o poder da criatura.
Esta habilidade resultará moi útil para rematar oponentes con pouca vida, pero o seu verdadeiro poder reside en dar criaturas con habilidades negativas ou restriccións a oponentes para controlar o seu modo de xogo. Como este é un mazo temático de Kirby, teremos multitude de criaturas co tipo DreamLand, algunhas moi poderosase e outras con habilidades e efectos sofocantes que poñerán freno a estratexías turbo e mazos de combo. Quedate para velas!
Decklist
Criaturas DreamLand
As criaturas de tipo DreamLand son a base deste mazo, permitiran usar a habilidade do comandante e teñen sinerxia entre elas, poderemos empregalas en combate para inflinxir unha boa cantidade de dano aos adversarios. Poderiamos dividilas en tres tipos: habilitadoras, sinérxicas e agresivas.
O primeiro dos tipos, as criaturas habilitadoras, permitiranos avanzar no plan do xogo, xerar mais maná ou roubar cartas
O segundo tipo de criaturas, serían as sinérxicas, aquelas que combinan moi ben co comandante, e controlan a partida cando llas pasas a un rival, estás serian algunhas delas:
Cabe destacar o efecto devastador da transformación de
Finalmente as criaturas agresivas, serían aquelas con alta forza e resistencia e algunha habilidade evasiva, estás criaturas poderán pechar o xogo en poucos turnos se conectan varias veces cos nosos oponentes
Por suposto non faltará o paquete de titores e protección que nos axudarán a ensamblar as pezas necesarias para gañar a partida
En titores, contamos con:
Para protexer as nosas criaturas máis valiosas, contamos con:
Conclusión
Esta pequena baralla é un canto de cariño ao universo de Kirby, que á súa vez explora mecánicas orixinais no Magic. Dende logo tes que probalo se eres fan da saga.
Non está orientado para mesas competitivas, o autor do mazo, Alejandro, recomenda xogalo en partidas de bracket 3. Tamén deume permiso para publicar o pdf das cartas, por se queredes botarlle unha ollada e montalo vos mesmos!
Aqui me despido, un saúdo xente do Magic!
PDF da lista custom para proxear