Cubo Custom WWII

Liñas de ferro, Europa en chamas!

Introducion

A segunda guerra mundial en europa foi unha loita de niveis cataclísmicos, que cambiou e reestructuroi as fronteiras politicas e o tecido social do continente, aínda que é nomeada como "guerra mundial", os eventos desenvolvéronse principalmente en Europa. Neste continente os eventos máis característicos foron os sitios e bombardeos a grandes cidades, como Leningrado (actualmente San Petesburgo), Sebastopol ou Varsovia.

As grandes invasións terrestres caracterizadas polo uso de divisións mecánizadas e cun gran apoio de tecnoloxía avanzada. E a xenocidio sistemático dunha parte da poboación por mor do discurso do odio impulsado polo partido Nacional-Socialista Alemán.


O conflicto comezou o 1 de setembro de 1939, cando o Reino unido e Francia declaráronlle a guerra a Alemania pola súa invasión de Polonia, xunto coa Union soviética, Reino unido e Francia mantiñan unha alianza con Polonia e detestabán o réxime de Adolf Hitler, quen gañara o poder en Alemania cun discurso revanchista e nacionalista, gañando os corazóns do pobo alemán que orgullosos do seu pasado imperial vian como a súa nazón era humillada tras a primeira guerra mundial, da man deste discurso, empregaba un discurso de odio sinalando a minorias que declaraba unha ameaza para unha alemania pura. Especialmente o pobo xudeu, do cal se extendera a teoría de que traizoaran a alemania para gañar poder e influencia durante a primeira guerra mundial.

Alemania queria recuperar Danzig e outros territorios que poseia o imperio alemán previo á primeira guerra mundial. Pero os plans de Hitler non chegaban con recuperar os territorios perdidos. O seu obxectivo final era unha gran expansión territorial de Alemania, un plan coñecido como Lebensraum. Quería formar un imperio que dominase en Europa e tomar gran parte do territorio occidental á Union Soviética, a cal consideraba unha ameaza mundial

O 22 de Xuño de 1941 Alemania iniciou o seu plan para invadir a Union Soviética, a denominada Operación Barbarroja, esta foi a maior operación militar da segunda guerra mundial, foron movilizados máis de 3.5 millóns de homes en Alemania e causaron máis de cinco millóns de baixas. O obxectivo forzar unha rápida derrota na Union Soviética, inflinxindo danos masivos e captura de cidades con alto valor estratéxico e politico, como tamén de rexións con gran valor loxístico e grandes fontes de recursos e materias primas, entre elas o petroleo.

Finalmente este plan fracasou, Alemania viuse nunha situación perigosa, subestimara a resiliencia do seu adversario, foron vítimas da súa propia propaganda, creendo que os habitantes da Unión Soviética, os eslavos, eran unha raza inferior, e que o seu armamento era de baixa calidade ou obsoleto, a súa industria lenta e mal estruturada.

Cedo viron como os exercitos sovieticos reorganizados e cheos de afouteza, avanzaban de forma ininterrumpida sobre o campo de batalla, tomando a iniciativa e forzando ao exercito alemán a tomar unha posición estrictamente defensiva, o cal era crítico, pois non estaban preparados para unha guerra así, a súa doutrina militar, os seus tanques e equipamento moderno e a súa propaganda estaba preparada para o asalto rápido e a guerra ofensiva

Para poñer máis leña ao lume, os aliados, Reino Unido e os Estados Unidos, levaron a cabo un desembarco en Normandia co fin de abrir unha segunda fronte na guerra, un fronte occidental, e poder dividir ao exercito de terra alemán para propiciar o seu colapso máis axiña.


O resultado da guerra todos o coñecemos, marcou o destino do mundo. Moitos especularon con realidades alternativas, sabe deus que pasaría se os eventos ocorresen doutra forma. Pode ser que non estiveramos aqui para velo.

Funcionamento do cubo

Que é un cubo

O cubo é un formato casual de Magic, onde os xogadores crean un gran conxunto de cartas para xogar un xogo de limitado, este formato combina elementos de xogo construido (aquel no que os xogadores crean as súas propias barallas) e limitado, no cal os xogadores crean unha baralla partindo dun draft dun pequeno conxunto de cartas.

Os cubos conteñen entre 360 e 720 cartas, a maior cantidade máis posibilidades de construcción no draft e maior variedade en cada partida

Os cubos clásicos son Singleton, esto quere dicir que só existe unha copia de cada carta, este cubo está realizado como se fose unha nova edición de Magic, conten as rarezas Común, Infrecuente e Rara e cada carta común aparecerá con máis frecuencia que unha carta infrecuente ou rara. Para este cubo empregouse a regla 4/2/1. Esto é 4 copias de cada carta común, dúas de cada infrecuente e unha de cada carta rara.

Que é un draft

Un draft é unha mecánica de redistribución de cartas. O seu funcionamento é o seguinte. Os xogadores abren á vez un paquete de cartas que conteña o mesmo número de cartas. Seleccionan unha carta e gardana boca abaixo no seu lado da mesa, despois pousan o resto de cartas enfronte súa boca abaixo, cando todos os xogadores realizaron a súa selección pasan o resto de cartas ao xogador situado á dereita. E proceden a repetir este paso ata que non quedan cartas no paquete.

Normalmente o primeiro pick ou selección pode definir a túa estratexía, se por exemplo no teu primeiro paquete atopas unha carta rara vermella que teña potencialmente moito valor, o resto dos picks serán cartas parecidas que apoien ou fortalezan esa estratexía de xogo, aqui entra o deckbuilding ou a táctica para construir mazos con sinerxía e unha forma de xogo sólida a partir de cartas seleccionadas nos paquetes que van rotando entre os xogadores.


Edición custom: Liñas de ferro

Esta edición inclue novas mecánicas e unha nova forma de xogo, un formato multixogador con contiendas

Hai unha importante regla a seguir, para cada facción (Aliados, Alemáns e Soviéticos) asignouse unha cor. Azul para os aliados, Vermello para os soviétivos e Negro para os Alemáns, deixando verde e branco como cores neutrais. Polo tanto pódese draftear escoller calquera carta durante o draft, pero unha vez entramos na parte de construcción de mazo, non poderemeos misturar cartas azuis con cartas vermellas ou negras e viceversa. Polo que so están permitidas as seguintes combinacións:

  • Mononegro (facción Alemana)

  • Golgari (Negro e verde) (facción Alemana)

  • Orzhov (Negro e branco) (facción Alemana)

  • Abzan (Negro, branco e verde) (facción Alemana)

  • Monovermello (facción Soviética)

  • Boros (Vermello e branco) (facción Soviética)

  • Gruul (Vermello e verde) (facción Soviética)

  • Naya (Vermello, Branco e verde) (facción Soviética)

  • Monoazul (facción Aliada)

  • Azorius (Azul e branco) (facción Aliada)

  • Simic (Azul e verde) (facción Aliada)

  • Bant (Azul, verde e branco) (facción Aliada)

Por outra parte, as partidas están pensadas para ser xogadas nun formato multixogador, de aproximadamente catro xogadores, neste formato os xogadores comezaran con 20 vidas e gañará o último xogador en pé.

A maiores incluíronse un novo tipo de cartas, chamadas contiendas. Estas carta son baralladas e incluense na mesa formando unha pila. Ao comezo do turno cinco, o primeiro xogador poñerá unha das contiendas en xogo, estás actuan como un emblema e non poden ser destruidas nin feitas obxectivo.

Contidos

Contiendas

As contiendas están divididas en dúas categorias: contiendas infrecuentes e contiendas raras, ao comezo do turno cinco ponse unha contienda en xogo do mazo de contiendas infrecuentes, e ao comezo do turno dez, ponse unha contienda rara en xogo (tamén escollida de forma aleatoria).

A diferenza entre contiendas infrecuentes e contiendas raras é principalmente o turno no que entran e o número de fases que teñen, as infrecuentes teñén sobre 4 fases mentres que as raras só 3. Por outra parte, as contiendas raras están pensadas para pechar a partida, e como última fase teñen o efecto de gañar a partida directamente.


Contiendas infrecuentes


Liberacion de Italia Batalla de Francia Asedio de Leningrado Sitio de Stalingrado Liberacion de Italia Batalla de Normandia Batalla de Kursk Operacion Leon marino

Contiendas raras


Ofensiva a Berlin Ofensiva a Moscu Ofensiva a Londres

Como tomar as contiendas?

Para tomar unha contienda primeiro debe estar baleira, esto quere dicir que non poder cobixar ningunha criatura. Todas as contiendas teñen unha palabra chave, chamada "Tomar", esta habilidade funciona da mesma forma que "Tripular", necesitas xirar unha ou máis criaturas con forza total x. Onde X é o valor de "Tomar" da contienda.


Cando tomas unha contienda tes que escoller unha criatura que controlas e poñela gardando esa contienda, agora esta criatura poderá ser atacada coma se fose un planeswalker, no caso de escoller un vehículo, seguirá sendo unha criatura mentres se atope na contienda.

Se un xogador nos destrue a criatura que garda a contienda, ben sexa atacando ou lanzando un removal, esta pasará a estar baleira de novo, no caso de que convirtan á criatura noutro tipo de permanente, esta tamén deixará a contienda.


Ao comezo do noso mantemento, se cotrolamos unha criatura gardando esa contienda, poñeremos un contador de ocupacion e activaremos a habilidade que indica con esa cantidade de contadores. Se se trata da última habilidade, a contienda será removida do xogo en canto se resolva.


Existe unha regla especial en relación ao combate coas contiendas, esto é, cando un oponente ataca a unha criatura que se atope gardando a contienda, calquer xogador pode bloquar ese ataque, posto que a contienda non é un permanente baixo o control dun xogador senón máis ben un emblema xenérico na partida.

Faccions

O inexorable poder da unión soviética, dirixida polo puño de ferro do gran camarada Iósif Stalin. Enxendra dentro a revolución proletaria, os ideais dos filósofos alemáns Karl Marx e Friedrich Engels sobre a loita de clases e a ditadura do proletariado. Despois da revolución Rusa. Lenin, o líder revolucionario, governou Rusia ante o descontento da vella aristrocracia europea. Despois da súa morte, Stalin, tomou o poder e aferrouse a el para dirixir de forma implacable o país, deselvovendo un enorme tecido industrial e realizando unha transformación másiva do pais, que pasou en pouco tempo dunha economia e tecnoloxia feudal a unha superpotencia industrial.

A gran guerra patriotica te chama, xogando como a unión soviéticas teras a disposición unha mecánica especial, марш! (marsh!), esta mecánica permitirache copiar os efectos dos teus feitizos por cada unha das túas criaturas que morreron nunha fase de combate o teu anterior turno. Estás chamado a atacar ao enemigo pola victoria final! As túas perdas non serán en vano, pois o turno seguinte todas aquelas habilidades ou feitizos con esta mecánica daranche unha gran vantaxe.

Bol'shoy terror Volya sovetskogo naroda Nikolai Vatutin Za isklyucheniyem artillerii Tsarkiy tank Georgy Konstantinovich Zhukov

Para apoiar esta mecánica, contamos con varios feitizos para desplegar criaturas (crear fichas de soldado) e, entre outras mecánicas, recuperamos a habilidade de Mobilize ou Movilizar, unha habilidade que levan certas criaturas, que nos permite crear unha ou varias fichas de soldado xirado e atando, cando é declarada atacante. Estas fichas de soldado son sacrificadas ao final do turno, pero nesta edición fixemos unha errata para que sexa sacrificada ao final do combate, creando sinerxia coa mecánica de Marsh


A estratexia desta facción coincide tamén coa identidade de cor do vermello, ser rápido e agresivo, atacar e baixar os puntos de vida dos nosos rivais o máis rápido posible.

Os vehículos están diseñados para ser rápidos e desplegar fichas de soldado ou movilizar

T34 T-54

Por contrapartida, a facción soviética carece dunha posición defensiva sólida, necesita crear ameaza no campo para forzar aos teus oponentes a non atacar con demasiadas criaturas por medo a non deixar suficientes bloqueadores ante unha ofensiva crítica. Aínda así se o xuntas con branco podes facer uso de algún oficial defensivo, como Konstantin Rokossovsky. Por outro lado tampouco tes forma de xerar vidas de outra forma que non sexa empregando fichas de comida, asi que estarás sempre nunha posición vulnerable


Ao longo da partida, a diplomacia será crucial para manter uunha posición forte na mesa, é imprescindible atacar para manter a mecánica de Marsh funcionando a pleno rendimento, polo que terás que negociar alianzas cos demais xogadores, ou declarar a algún xogador como ameaza da mesa para xustificar eses ataques, é importante non ser o foco dos removals dos teus oponentes, pois as túa mesa é crucial que medre para poder asestar un golpe fatal a todos os teus oponentes cando chegue o momento oportuno.

A sinistra determinación do Reich Alemán, a poderosa Alemania rexurde do seu debacle na gran guerra, o espírito de honor, gloria e patria inspira a todas as xeracións, a xuventude acude entusiasmada ante a chamada. O partido nacional socialista alemán ten a misión de delvover a gloria á súa nazón, recuperar territorios roubados vilmente nos inxustos tratados de versalles e expandirse ao seu denominado espacio vital ou "Lebensraum"

Para lograr todo esto, desplegou un gran tecido industrial e grandes infraestructuras, recuperando gran parte da súa econlmia mentres mellora a calidade dos seus sistemas. Por debaixo, inicia unha persecución contra os que denomina os traidores da patria, o pobo xudeu e outras minorías, ás cales manda a campos de traballo e se lle quitan os dereitos como cidadáns, esto corresponde a un plan de limpeza étnica, o seu obxectivo é crear un estado exclusivo do pobo alemán. A súa creenza, é, que a raza alemana é a raza aria, unha raza de humanos con mellores cualidades que as demais, destinada a ser aquela que goberne o mundo.


Para representar esta facción, emprégase a cor negra, xa que en magic representa valores como a ambición e o poder a calquer custo, tamén emprega moito mecánicas de recursión co cemiterio, o cal adoita ser relacionado coa determinación absoluta por un ideal.

Neste caso, a mecánica que empregan é a de Aufsterhern, unha habilidade que permite rexogar vehículo ou criaturas co cemiterio que teñan o mesmo custo de maná. Como custo de activación pideche pagar unha cantidade de vidas e exiliar esa carta do teu cemiterio.

Wehrmacht rekrut Panzergrenadier Benito Mussolini Pervitin Verfolgung

Tamén contas con cartas brancas que son exclusivas da túa facción, estas son as seguintes:


Volksstrum Miliz Brigade des afrikakorps Division azul Erwin Rommel Heinz Guderian Erich Von Mannstein

Como vehículos terrestres contas cos seguintes:

Panzerkampfwagen III Panzerkampfwagen IV Panzerkampfwagen V Fiat M-XIV/XLI XXXVIII-M Toldi

Entre os vehículos voadores estarian estos


Focke-Wulf Fw 190 Messerschmitt Bf 109 Junkers Stuka Erzengel des Vaterlandes

Esta facción carácterizase por ser a máis equilibrada, tendo pezas maiormente defensivas e pezas maiormente ofensivas distribuidas de forma equilibrada, contan con máis avións e vehículos terrestres que a facción soviética, pero algo menos que a facción aliada. Por outra parte a habilidade de Aufsterhern dotará dunha forte resiliencia as túas pezas de xogo, facendo que non se esgoten os teus recursos moi axiña.

Os orgullosos aliados, as nacións libres do mundo, unidas contra a tirania e o despotismo dos estados ditatoriais como Alemania e a Unión Soviética, estos paises aliados cooperan economicamente e impulsan de forma unánime unha ideoloxía: o liberalismo, baseado nas liberdades individuais dos cidadáns, os cales teñen dereito para dicidir o seu proxecto de vida sen cohercións relixiosas ou estatais. Como tamén a liberadade económica, aquela defensora da propiedade privada e a libre competencia entre empresas. Reino unido e Estados unidos de América son os seus principais expoñentes.

Reino unido foi a principal potencia mundial no século XIX, estableceu un enorme imperio colonial: Africa, India, Oceania, Canada, Hong Kong... Controlaba os mares e oceanos, as rutas marítimas máis importantes e amasou unha enorme riqueza e influencia que perduraron nos anos en moitos lugares que ocupou. Nas primeiras decadas do século XX o seu poder comezou a diminuir, perdeu importantes colonias e sufriu moitos gastos por mor dos interminables conflictos bélicos nos que participou, a primeira guerra mundial, foi sen dúbida o comezo do seu declive pero aínda no ano 1940, reino unido segue sendo moi poderosa, unha nación moi industrializada e con moita influencia no mundo, capaz de librar calquer batalla para defender o remanente do seu gran imperio.


Por outra parte, os Estados unidos de América, que foran no seu tempo unha colonia máis de Reino unido, progresaron a unha gran velocidade, tanto a nivel técnico como demógrafico e terriotorial, facendose con grandes extensións de terreo que pertencian a outros imperios coloniais. Coa carta fundacional, os Estados unidos crean a súa identidade en base aos ideais liberais económicos e ao individualismo. Conseguiron progresar en termos sociais gracias á derogación da exclavitude que era un núcleo de controversia propio, xa que gran parte dos estados sureños que o constituian xeraban a súa riqueza en base a esta.

Estados unidos creou un mundo feliz baseado no consumismo e as comodidades, creando un ecosistema fianancieiro que ao florecer aumentaba a calidade de vida dos seus cidadáns, os cales, depositaban a súa confianza nas entidades financieiras, depositando parte dos seus aforros en accións empresariais.

Este sistema xerou grandes conglomerados e monopolios empresariais, pronto as élites económicas comezaron a permear a súa influenza no sistema político expandindo unha rede de influencia nos dous principais partidos do pais.


Nun principio, a política exterior de Estados unidos foi isolacionista, intentando non inmiscuirse en crises internacionais e conflictos foráneos. Pero todo cambiou, cando comezou a segunda guerra mundial, o conflicto, ao gozar de maior envergadura salpicaba os intereses economicos de Estados unidos, por exemplo no comercio con Reino unido, os submarinos alemáns afundiron varios buques comerciais co fin de sitiar a illa e impedir que accedese a bens de consumo extranxeiros.

Reino unido solicitou a entrada de Estados unidos na guerra, para asestar un golpe definitivo ás potencias do eixo, pero este último fixose de rogar ata ben entrada a década dos cuarenta, o incidente de Pearl Harbour sería o cisma que culminou na declaración de guerra cara as potencias do eixo e o desencadenante da abrupta entrada en Europa, no desembarco de Normandia, culminando na creación da fronte occidental.


Esta facción conta coa identidade da cor azul de magic, o control e a vantaxe de cartas serán os teus pilares fundamentais.

A mecánica principal desta facción é Relief, esta habilidade permiteche poñer en xogo unha criatura que a teña, pagando o custo da habilidade reducido polo custo dunha criatura que controles que regreses á túa man. Funiona de forma semellante á habilidade Emerge Herigast, erupting nullkite, só que na contra de ter que sacrificar unha criatura, con Relief tela que devolver á túa man, e ademáis permiteche poñela no campo como habilidade activada, polo tanto funcionará como se tivese destello e esquivando os contrafeitizos.


Veteran marine Brittish commando Supermarine spitfire Lockheed P-38 Lightning Richard O'Connor Bernard Montgomery

Esta é un facción con moitas vantaxes, goza do maior número de vehículos, tanto aéreos coma terrestres, en concreto 6 vehículos terrestres e 5 aéreos

Tamén conta con unha condición de victoria única en toda a edición, o proxecto Manhattan

Poderia dicirse, que esta facción está dedicada ao control de mesa e os artefactos, tendo soporte para tutorear artefactos con Fabricar e incluso copialos, con Schematics

Ciclos curiosos

Nesta edición crearonse varios ciclos, pero empregando distinta metodoloxia, en vez de facelo para as cinco cores, fixéronse para as tres faccións principais.

Contamos polo tanto, co ciclo de ordenes

Prikaz Stalina Befehls des Fuhrers Winston's command

Estes feitizos son instantáneos modais, dannos a escoller tres efectos distintos, relacionados coa cor e a temática da facción.


Ciclo de ultis (ou feitizos superpoderosos) de cada facción

Permanentnaya Revolyutsiya Deutchsland uber alles Triumph of the free world

Estos feitizos recordan aos vellos ultimatums de fragmentos de alara, como o cruel ultimatum ou brilliant ultimatum, conxuros que son capaces de darlle a volta á partida aínda que a situación este xa moi na túa contra.


Ciclo de axentes dobles (Balkan edition)

Josip Broz Ante Pavelic Draza Mihailovic

Un pequeno guiño histórico e unha mecánica interesante. Estás cartas pertence a unha facción pero teñen unha habilidade que so os teus oponentes desa facción específica poderan xogar.

A explicación histórica mereceria un artigo aparte, falando da segunda guerra mundial nos balcans, cada un destes líderes colaborou con máis dunha facción, para acadar os seus obxectivos, Josip Broz (Tito) era un partisano comunista, pero non quería estar baixo o xugo Stalinista, Draza Mihailovic era un sebio realista, queria restaurar a monarquia en Serbia pero veuse interesado a colaborar con Alemania en algunha ocasión para frenar aos partisanos de Tito. É pola contra, Ante Pavelic era un líder croata de ideoloxía fascista, pero preferiu negociar cos sovíeticos e os partisanos antes que cos aliados.

Fichas

As fichas que se empregan nesta edición son principalmente: soldado (diferente para as tres faccións), comida, diñeiro (é un tesouro) e munición (como unha pista de magic pero costa un máis rompela e podes poñer un contador +1/+1 nunha criatura obxectivo)

Fichas de soldado de cada facción, cando están enderezados e sen mareo de invocación

Sovetskiy soldat-2 Deutscher soldat-3 Allied soldier-1

Fichas de soldado de cada facción, cando xirados

Sovetskiy soldat-3 Deutscher soldat-1 Allied soldier-2

Fichas de soldado de cada facción, cando teñen mareo de invocación

Sovetskiy soldat-1 Deutscher soldat-2 Allied soldier-3

Fichas de comida de cada facción

yeda Essen Food WWII

Fichas de munición de cada facción

Boyepripasi Munition Ammo

Fichas de diñeiro de cada facción

Den'gi Money Geld

Outras fichas

Tanque Avioneta Soldado finlandes

Terras custom

Para acompañar o cubo, creamos terras propias do set para cada tipo de terra básica:

Chairas

Llanura WWII-1 Llanura WWII-2 Llanura WWII-3

Bosques

Bosque WWII-1 Bosque WWII-2 Bosque WWII-3

Montañas

Montaña WWII-1 Montaña WWII-2 Montaña WWII-3

Pantanos

Sumpf WWII-1 Sumpf WWII-2 Sumpf WWII-3

Illas

Island WWII-1 Island WWII-2 Island WWII-3

Conclusion

Esta edición custom é a primeira que realizo, intentei basearme en previas edicións de magic, e tratei de contrastar con amigos e coñecidos para poder correxir errores e deixala o máis presentable posible. Foi realizada durante un mes (Decembro 2025 - Xaneiro 2025) e aínda a mediados de Febreiro está sendo testeada, seguramente haberá que facer alguna modificación para que resulte moito máis balanceada e interesante, calquera é libre de probala e agradecería calquer tipo de feedback, podedes contactar comigo, como sempre na seccion sms desta páxina. Estarei encantando de respode ás vosas suxerencias e comentarios! ^^

Deixo aqui abaixo a ligazón para descargar o pdf da edición enteira (fichas incluidas) para que a imprimades e a probedes

PDF da edicion para imprimir